Ies Carlos Casares en la web del voluntariado gallego

A Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade e a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa convocan un premio para difundir os valores do voluntariado entre as ensinanzas non universitarias

O alumnado de Secundaria, Bacharelato e 1º de formación profesional pode participar elaborando un libro web colaborativo ou un graffiti

A Dirección Xeral de Xuventude e Solidariede e a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, realizan por segundo ano consecutivo unha convocatoria conxunta pola que se organizan actividades de sensibilización e participación en accións de voluntariado e solidariedade dirixidas a alumnos de 3º e 4º da ESO, 1º de Bacharelato e 1º de formación profesional para conmemorar o Día do Voluntariado o vindeiro 5 de decembro. En concreto, o alumnado -pertencente tanto a centros públicos coma privados e representado por un titor/a- poderase presentar ao premio en dúas modalidades baseadas na realización dun libro web colaborativo ou dun graffiti.

Esta iniciativa, ademais de dar resposta a obxectivos concretos competencia de ambos departamentos como o fomento do voluntariado, a cultura da solidariedade ou o uso das Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC), entre outras, por parte da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade tamén se lle dá cumprimento a un dos obxectivos do Plan Galego de Voluntariado 2006-2010 consistente en colaborar coa Consellería de Educación.

O libro web colaborativo é un espazo para o traballo común onde cada coautor pode publicar a súa páxina e escribir nela os seus propios textos, corrixilos, modificalos, ilustralos con imaxes ou comentar as suxeridas ou introducidas polo profesorado ou polos compañeiros/as. Para participar nesta modalidade, o alumnado dispoñerá dunha ferramenta que se encontra no enderezo: http://www.edu.xunta.es/contidos/libros que lles permitirá publicar o seu traballo sen ter coñecementos informáticos. O libro web colaborativo poderá ter diferentes formatos, aínda que en todos os casos, os contidos versarán sobre experiencias de voluntariado e de solidariedade.

O titor/a, que terá ao seu cargo un grupo de máximo 25 alumnos de segundo ciclo da ESO, será quen solicite entre o 1 e o 15 de outubro deste ano un espazo para o seu libro dentro do portal habilitado para tal fin. Logo, recibidas as claves para entrar nesta zona privada, o profesor/a e mailo seu alumnado poderán acceder ao asistente para a creación do libro entre o 15 de outubro e o 15 de novembro. Así mesmo, establécense dúas cateogorías de participación ás que se lle outorgará cadanseu premio. A primeira delas son os libros con contidos dirixidos ao ensino de 3º e 4º da ESO e a segunda, os libros destinados a 1º de Bacharelato.

A comisión de valoración seleccionará os traballos tendo en conta o seu carácter innovador e a súa orixinalidade, a difusión de valores como a solidariedade, a paz, a xustiza, a igualdade e a tolerancia; introducción de elementos que axuden a coñecer o mundo do voluntariado; a implicación coa comunidade educativa e a corrección lingüística.

Arte urbano dentro dos colexios
Polo que respecta á modalidade de graffiti, ademais dos alumnos de segundo ciclo de ESO e 1º de Bacharelato tamén poderá concursar o alumnado de 1º de formación profesional. Os proxectos, que tamén deberán tratar sobre temas relacionados co voluntariado e coa solidariedade, poderán presentarse ata o 15 de novembro deste ano ata as 15.00 horas a través do espazo web habilitado neste portal http://www.voluntariadogalego.org/graffiti. Así, os centros interesados en participar deberán enviar a súa solicitude de participación cubrindo o correspondente formulario, que estará activo durante o prazo de entrega dos deseños.

Neste caso, os criterios de valoración que se van ter en conta son a estética, o traballo previo e posterior na aula, o traballo en grupo e o tratamento de contidos voluntarios a través do graffiti. De entre todas as propostas recibidas, seleccionarase unha por provincia. O graffiti realizarase nos centros educativos premiados con anterioridade ao día 5 de decembro, Día Internacional do Voluntariado.

O premio, para todas as modalidades e categorías citadas, consistirá na participación do programa AUGAMAR, en concreto no subprograma “Da area gorda ao mar maior”, no Albergue Xuvenil das Sinas (Vilagarcía). A decisión do xurado daranse a coñecer na segunda quincena de novembro e a relación de premiados e os seus traballos publicaranse no Portal Galego de Contidos Educativos e na web da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade. No caso do libro web colaborativo, a entrega do premio farese o 5 de decembro, coincidindo co Día Internacional do Voluntariado.

Premios á innovación educativa
Por outra parte, ata o 15 de outubro manterase aberto prazo para presentar os traballos aos Premios á innovación educativa sobre a educación nos valores democráticos dirixidos, a título individual, o profesorado en activo de centros educativos sostidos con fondos públicos. Estes premios están convocados conxuntamente pola Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade, e as consellerías de Presidencia; Administracións Públicas e Xustiza, Política Territorial, Obras Públicas e Transportes; Educación e Ordenación Universitaria, Innovación e Industria, Sanidade e Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible.

Anuncios

Deja un comentario

Archivado bajo SENSIBILIZACION Y ACTIVIDADES DE DIFUSION

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s