“Pobreza cero”, en Viana do Bolo

A Campaña tivo lugar ademais nas sete grandes cidades galegas.

200 escolares se concentran en Viana do Bolo en apoio á Campaña Pobreza Cero.

 

Viana do Bolo, 17/10/08. Máis de 200 persoas se concentraron no IES Carlos Casares de Viana do Bolo en apoio á Campaña Pobreza Cero, convocada pola Coordinadora Galega de Ong e apoiada, nesta vila, por Escolas da Terra e Axuda en Acción.

 

Estudiantado, familias, docentes e voluntarios e voluntarias do IES Carlos Casares organizaron esta xornada de concentración que pretendía facer un chamamento á reflexión acerca da situación das máis de 1.200 millóns de persoas que viven baixo o umbral da pobreza no mundo.

 

O acto tivo lugar no salón de actos do IES Carlos Casares despois de descartarse a explanada do Castelo de Viana, por inclemencias meteorolóxicas. Comenzou coa introducción do director do centro, Luis Fernández, que tamén agradeceu o apoio dos departamentos de Filosofía, Relixión e Literatura na elaboración dos diferentes materiais e documentos que foron lidos e expostos no acto. Os alumnos e alumnas leron poemas de Neruda e Celso Emilio Ferreiro, ademais de simular unha serie de preguntas que faría un escolar dos países empobrecidos aos escolares do “mundo do Norte” e que invitaron a reflexión persoal.

 

Para finalizar, despois do contacontos Fran Guede e da lectura do manifesto da campaña por parte da representación da Coordinadora Galega de Ongd, o Imagine de John Lennon foi adicado moi especialmente a Jesús Jares, vianés finado recientemente moi implicado na loita pola paz e polos dereitos humanos, e ao colexio hermanado co IES Carlos Casares, a UE Timoteo Rondales de Bermejo, Bolivia.

 

Todas as asistentes se concentraron no patio do colexio para expoñer as pancartas que co lema Pobreza Cero, elaboraron os alumnos e alumnas de relixión.

 

Coordinadora Galega de Ongd

Coordinación en Viana do Bolo Ana García.

 

Anuncios

Deja un comentario

Archivado bajo Pobreza cero y Campaña mundial de la Educación

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s